Noticias

Recoñecemento ao mérito deportivo de Ángel García

A pasada fin de semana, a Federación Española de Orientación (FEDO) outorgáballe ao deportista do club Brigantia, Ángel García o recoñecemento ao mérito deportivo.

Este galardón, entregado polo presidente FEDO, Paco Cobas no Campionato Ibérico de MTBO en Extremadura, supón o recoñecemento ao esforzo de Ángel durante todos estes anos e a súa implicación co deporte. Un traballo que recollía o seu resultado no pasado Campionato de Europa de MTBO 2019, no que Ángel gañou a medalla de bronce na Mass Start, sendo a primeira medalla absoluta para España nun europeo.

Adxuntos