A LIGA ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN DEU COMEZO A PASADA FIN DE SEMANA EN ALICANTE
A pasada fin de semana a Liga Española de Orientación a Pé 2023 deu comezo na provincial de Alicante co XII Premi Internacional d'Orientació Comunitat Valenciana. Ata aquí desprazáronse case unha decea de orientadores e orientadoras da FEGADO, que competiron en tres probas (longa, media e sprint), puntuables tanto para o ranking nacional como para o World Ranking Event.
Iván Somoza Argibay (Club Gallaecia Raid) conseguiu o ouro no sprint en M45 e o terceiro posto na clasificación global. Pola súa banda, Concepción González Bello (Club Orientación Compás) acadou a medalla de bronce na distancia sprint en F55 (sendo a segunda Española clasificada), foi a subcampioa na distancia longa (primeira española) e logrou o segundo posto na clasificación global .
Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a tod@s @s deportistas!
Os resultados completos están dispoñibles aquí e a retransmisión en directo do evento pódese ver de novo na canle de YouTube da FEDO.