[actualizados 12abril] EQUIPOS OFICIAIS e OPEN da FEGADO no CEOP DE REMUDAS MIXTAS POR COMUNIDADES
Procedemos a publicar a relación de equipos declarada na plataforma SICO e que representarán a Galicia no Campionato de España de Remudas Mixtas que se celebrará na localidade de Abejar (Soria) o vindeiro sábado 15 de abril de 2023.
Entrega de dorsais. A entrega de dorsais estará coordinada no centro de competición de Abejar. Serán responsables de recoller os dorsais, e de entregalos na orde correcta aos seus compañeiros/as, as primeiras quendas (postas) de cada equipo. Coordinan a entrega Pablo Aller e Jorge Piñeiro.
Actualizacións. Tal e como detalla o artigo nº 15 do regulamento, os equipos poden sufrir actualizacións. As primeiras quendas deben estar atentas aos cambio que se puideran publicar.
Equipacións. Recoméndase, na medida do posible e posto que se estará a representar á nosa Comunidade Autónoma, a utilización de algún dos modelos das equipacións de Galicia. Faremos foto de grupo antes da saída en masa.
Nos vindeiros días publicaremos a relación definitiva das persoas deportistas que integrarán a SELECCIÓN GALEGA, tanto para o Campionato de España de Remudas Mixtas, como para o Campionato de España (CEOP) de Distancia Longa.