A SERRA DA GROBA ACOLLE ESTE SÁBADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE U-ROGAINING
A Serra da Groba (Pontevedra) será o escenario este sábado do Campionato de España e Campionato Xunta de Galicia de U-Rogaining.
O evento, organizado polo Club Raza Palleira, reunirá a máis de 250 deportistas de todo o territorio nacional que, en equipos de 2-5 persoas, terán un tempo máximo de 8 horas no caso das categorías superiores para visitar o maior número de balizas posibles.
A proba pódese seguir en TracTrac e os resultados iranse publicando aquí.
