Noticias

SOFÍA MARTÍNEZ, CUARTA DE EUROPA NO SPRINT DO EMTBOC E DOBRE DIPLOMA PARA AS NOSAS DEPORTISTAS NAS REMUDAS

O pasado mércores 26 de abril deu comezo o Campionato de Europa de MTBO 2023 (EMTBOC) , celebrado na localidade portuguesa de Loulé. Os nos@s deportistas Sofía Martínez (Club Orientación Compás), Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) e Noa Rodríguez (Club Orientación Compás), formaron parte do equipo nacional, representando a España nesta competición.

Sofía Martínez proclamouse cuarta de Europa na categoría W20 na distancia sprint do venres 28, a tan só 28 segundos do bronce. Ademais, o sábado nas Remudas, o equipo formado por Noa Rodríguez e as súas compañeiras Candela Naranjo e June García acadou a cuarta posición en W17; mentres que o conxunto integrado por Sofía Martínez, Laura Doncel e Sara López foi quinto en W20.

A competición completouse cunha proba de media distancia celebrada o mércores 26 e unha de longa distancia o xoves, na que o deportista da Selección Xuvenil Juan Montes recolleu o bronce.

Dende a FEGADO trasladamos os parabens aos nos@s orientadores/as e tamén ao resto do equipo nacional.


Todos os detalles do evento e os resultados completos están dispoñibles aquí.