Noticias

TRES DEPORTISTAS DA FEGADO COMPITEN HOXE NO JUKOLA

Esta noite tres orientadores galegos compiten no Jukola, a maior proba de remudas a nivel mundial. Este ano terá lugar a 73º edición do evento en Mynämäki (Finlandia) e reunirá a aproximadamente 20000 deportistas.

As saídas comezan ás 22:00 (hora española), uns minutos antes do solpor, polo que a maior parte da proba terá lugar pola noite. Estímase que o equipo gañador rematará sobre as 05:51 (hora española).

Maikel Rodríguez será a primeira posta do equipo Spanish Army Team 1 (1358), Brais Piñeiro tamén sairá en primeiro lugar representando ao conxunto Snättringe SK 2 (132) e Lucía Parga a sexta corredora no Snättringe SK 3 (860).

Moita sorte a todos!

Pola mañá disputouse tamén o Venla, unha proba de remudas feminina na que participaron unhas 6000 mulleres. A nosa orientadora Araceli Abalde foi a terceira remudista do equipo Spanish Army Team 1 (1388) e Lucía Parga a primeira posta do Helsingin Ekonomit 1 (1365).


A proba pódese seguir por TV no enlace adxunto. Achegamos tamén a ligazón aos resultados en directo e á web do evento para máis información.