Noticias

O EQUIPO ENDURANCE PROCLAMOUSE CAMPIÓN DO RAID GALLAECIA 2025 A PASADA SEMANA

Os concellos ourensáns de A Arnoia e Ribadavia e parte do norte de Portugal acolleron entre os pasados 19-26 de xullo o Raid Gallaecia 2025, unha proba das Series Mundiais de Carreiras de Aventura (ARWS polas súas siglas en inglés) clasificatoria para o Mundial que se celebrará en Canadá o vindeiro mes de setembro.

Os equipos enfrontáronse a case 500 km de carreira, divididos en 10 seccións de MTB, trekking, kaiak e barranquismo, que debían completar nun tempo máximo de 5 días en autosuficiencia.

O equipo Endurance, integrado por Jota Sancosmed, Borja Varela, Tono Abal e Ceclilia Abal, proclamouse campión da proba con case 74 horas de carreira. O Team Keltoi do que formaban parte os deportistas da FEGADO Marcos Varela e Felipe Peña, xunto cos seus compañeiros Mónica Aguilera e Juan Carlos Vázquez, conseguiu a medalla de bronce. Destacamos tamén a cuarta positicón do equipo galego Grupo Gallardo- Raza Palleira, formado por Xoel Chamorro, Dani Corvo, Guille Lavía e Jennie Börjesson.

Dende a FEGADO enviamos os parabéns a tod@s!

A información da proba está dispoñible neste enlace.