Noticias

PARTICIPACIÓN GALEGA NA PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN

As localidades de Santa Pola e Guardamar del Segura (Alicante) acolleron esta fin de semana o X Premi d'Orientació Valenciana- Villa Santa Pola, con tres probas puntuables tanto para a Liga Española de O-pé como para o World Ranking Event (WRE) e que tamén formaban parte das probas de selección para representar a España no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete (EYOC). Un total de 14 orientadores/as galeg@s desprazáronse ata a Comunidade Valenciana para competir neste evento.

O sábado 12 disputouse a media distancia, na que Nicolás López (Club O Pasatempo) rematou en terceira posición na categoría M16E, mentres que o cuarto posto en F21A foi para Yevheniya Chystyakova (Club Peña Trevinca). Ángel Álvarez (Club Aromon Pontevedra) conseguiu a medalla de prata en M40 e David Casado (Club O Pasatempo) quedou en cuarto lugar en M45.

No sprint, celebrado ese mesmo día pola tarde, Martín Casado (Club O Pasatempo) terminou en cuarta posición na categoría M12, mentres que en M16E Xián Novoa (Club Aromon Pontevedra) conseguiu o terceiro posto. En M45 a quinta posición foi para David Casado (Club O Pasatempo) e en M50 Francisco López conseguiu a prata.

Por último, o domingo @s nos@s orientadores/as competiron na distancia longa, onde Lucía Parga (Club Fluvial de Lugo) rematou en quinta posición na categoría FE, mentres que Xián Novoa (Club Aromon Pontevedra) repetiu terceiro posto en M16. Yevheniya Chystyakova (Club Peña Trevinca) conseguiu a medalla de prata en F21A e Ángel Álvarez (Club Aromon Pontevedra) proclamouse campión da categoría M40.

Parabéns a tod@s!


Achegamos o enlace á noticia da FEDO, onde podedes acceder aos resultados completos, ás fotos da proba e aos percorridos do GPS.

Adxuntos