Noticias

EXCELENTES RESULTADOS DOS DEPORTISTAS DA FEGADO NAS LIGAS ESPAÑOLAS 2022

A pasada tempada 2022, os nosos deportistas competiron ao longo do territorio nacional en diversas probas das múltiples disciplinas do noso deporte. A continuación, repasamos os mellores postos obtidos polos orientadores e orientadoras da FEGADO no ranking nacional nas categorías absolutas e previas á absoluta.

En MTBO, Ángel García García (Club Brigantia Aventura) foi o campión en ME e Juan José Sancosmed Vázquez (COCO) conseguíu a quinta posición na mesma categoría. En FE o sexto posto foi para Mar Delgado González (O Pasatempo Betanzos). Sescún Sevil Martín (Club USC) foi cuarta en F20, Sofía Martínez Gómez (Club Orientación Compás) quinta en F17, mentres que en M17 a prata foi para Marcos Silvarrey Oreiro (Club Gallaecia Raid).

Nos Raids de Aventura, o Endurance COCO foi o equipo campión en Élite e o Budiñoraid Atlas acadou o cuarto posto tamén en Élite

Na Liga Española de O-Pé, Lucía Parga Basanta (Club Aromon de Pontevedra) e Xoel Chamorro García (Club Aromon de Pontevedra) foron os décimos clasificados nas categorías FE e ME, respectivamente. Mateo Rodríguez Díaz (Club Aromon de Pontevedra) logrou a cuarta posición en M18E e Eva Casado Núñez (O Pasatempo Betanzos) foi quinta en F16E

En canto á Liga Española de Spint, Lucía Parga Basanta (Club Aromon de Pontevedra) foi a sétima clasificada en FE, mentres que Xoel Chamorro García (Club Aromon de Pontevedra) logrou o oitavo lugar en ME e Mateo Rodríguez Díaz (Club Aromon de Pontevedra) repetiu o cuarto posto en M18E

Por último, en relación á Liga Española de Rogaine, na categoría Absoluta Mixta o conxunto Fluvial Lugo @s castrex@s conseguíu o sétimo posto, seguidos do equipo Fluvial Lugo Arde Lvcvs e de Fluvial Lugo Xesteiras- Os Barbas, mentres que o Aromon Cota Cero foi sétimo na categoría Absoluta Masculina

Parabéns a todos e a pola nova tempada 2023!


Os resultados completos pódense consultar aquí