Noticias

ESTE SÁBADO GALICIA RECIBIU O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE U-ROGAINING

A orientación española deuse cita este sábado 11 no Campionato de España de U-Rogaining (CEUR 2026), organizado polo Club Raza Palleira na Serra da Groba (Pontevedra), e que ademáis foi o Campionato Xunta de Galicia 2026 desta modalidade.

Máis de 250 deportistas participaron neste evento en equipos de dous integrantes como mínimo. A continuación repasamos os mellores resultados a nivel nacional dos nosos orientadores.

En junior femenino, o equipo Aromon Gallaecia SiruJanas (Sira Rodríguez e Jana Albarrán) proclamouse Campión de España, seguido de Gallaecias del Buey (María Bujan, Daniela Albarrán e Carla Somoza) e de Compás- Compasiñas (Estrella Lamela, Andrea García, Lía Rodríguez). En senior, o conxunto O Pasatempo Mix (David Casado, Roberto Chas, Maite Barreira) foi subcampión na categoría mixta e Compás-Gallaecia (Sofía Martínez, Alba Dopico) e Gallaecia Raid Correcamiños (Iván Somoza, David Senra) recolleron o bronce na feminina e masculina, respectivamente.

Pola súa banda, na categoría Veteranas Feminino, 3 equipos galegos completaron o pódium: o Compás VF (Sonia Gómez, Concepción González) en primeira posición, Aromon Píllaras (Carlota Veiga, Sonia Arias) a continuación e en terceiro lugar Gallaecia Raid Xabalinas (Claudia Oreiro, Elena Bujía). En veteranos masculino o bronce foi para Budiñoraid Sumipor (Marcos Lago, Daniel Martínez, Daniel Mckay), mentres que na categoría mixta o conxunto EspirituRaider Betanzos (Carolina López, Jesús Bermejo) alzouse coa prata e o Arnela-Aromon-CocanTriPac (Alfonso Rosado, Araceli Abalde, José Luis García) rematou en terceira posición.

En superveteranos, os equipos UVigo-Penélopes (Ana Iglesias, Begoña Crespo, Mª Isabel Saco) e Gallaecia Raid Vetusta Morla (Paulina Mosquera, Teresa Silvarrey) proclamáronse campión e subcampión, respectivamente, nacategoría feminina. Mentres, os conxuntos masculinos Ouro Gen X (Palo Aller, Javier Rodríguez) e Gallaecia Raid Ultra (Juan Patiño, José Luis García, Isidro López) remataron en segunda e terceira posición e o Aromon Supervetmix (JavierAlvelo, Carlos Morais, Chus Abilleira) foi subcampión de España na categoría mixta.

Finalmente, o equipo Golden Ladies (Margarita Balboa, MªJosé Naya e o Muralla Fluvial de Lugo (Eugenio Rodríguez, Pedro Parga) recolleron o ouro na categoría Ultraveterana feminina e masculina, respectivamente.

Dende a FEGADO agradecemos o traballo do Club Raza Palleira na organización deste evento e agardamos que tod@s @s deportistas que se desprazaron este fin de semana a Galicia desfrutaran do Campionato

Os resultados completos pódense consultar neste enlace