Noticias

O EQUIPO KELTOI REMATA EN DUODÉCIMA POSICIÓN O CAMPIONATO DO MUNDO DE CARREIRAS DE AVENTURA

O equipo Keltoi, integrado polos nosos deportistas Marcos Varela, Felipe Peña, Juan Carlos Vázquez e tamén por Mariana Pontes, conseguiu o 12° posto no Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura- Expedición Guaraní en Paraguay, tras máis de 5 días de carreira.

Os 64 equipos inscritos na categoría oficial percorreron 550km nun tempo máximo de 7 días polo último vestixio da Mata Atlántica, a segunda maior selva tropical de Sudamérica. Demostraron as súas habilidades en distintas disciplinas: orientación, trekking, Mountain Bike, kaiak e cordas (descenso, ascenso, tirolinas e ponte tibetano).

Parabéns equipo!

A próxima cita será aquí en Galicia en dúas semanas, no Campionato de Europa de Carreiras de Aventura- Raid Gallaecia


Podes consultar os resultados completos máis información na web oficial do evento

Adxuntos