Selección Galega no Campionato de España en Idade Escolar por Seleccións Autonómicas (CESA). Antequera (Málaga) do 30 de abril ao 2 de maio.
Baixo a coordinación da Vogalía de Orientación Escolar e Universitaria, publícase o correspondente BOLETÍN FINAL da actividade, así como a relación dos/as 24 deportistas seleccionados/as que formarán parte da Selección Galega nas categorías INFANTIL, CADETE e XUVENIL no CESA que terá lugar en Antequera (Málaga) o vindeiro 30 de abril, 1 e 2 de maio.
A selección queda integrada por quince (15) rapazas e nove (9) rapaces, de once (11) clubs FEGADO diferentes. Quedan tamén designados/as cinco (5) deportistas suplentes (dun máximo de 6) que serán convocados/as á viaxe únicamente no caso de que cause baixa algún/ha dos/as titulares.
Asígnase técnicos/as aos equipo infantís (2 técnicos/as), cadete (2 técnicas) e xuvenís (1 técnica para os dous equipos) ata completar a delegación con catro (4) técnicas e un (1) técnico-delegado (máximo de 7 persoas).
A FEGADO cubre os custos de desprazamento en autobús, a manutención dos seleccionados/as e do equipo técnico (non remunerado), préstamo das pinzas SIAC e a impresión dos mapas de adestramento, segundo o orzamento aprobado en Asamblea Xeral do 18 de decembro de 2021.
Está programada a participación en catro (4) carreiras, ademáis dun adestramento técnico. Model Event o venres 29 de abril, Media Distancia e Sprint o sábado 30 de abril, Longa Distancia o domingo 1 de maio e Remudas (mixtas) o luns 2 de maio.
Tamén fanse públicos os seis (6) equipos oficiais para as REMUDAS e a orde programada nas postas.
Parebéns, sorte e #CAA a todos/as os/as seleccionados/as.
Imos aló E-QUI-PO !!!