Noticias

CHAMADA SOLIDARIA ¡CANCELADA!

AVISO IMPORTANTE: Por motivos de loxística, a Embaixada Turca non pode recoller máis material, polo que nos vemos obrigad@sa CANCELAR a recollida deste sábado.

Grazas pola vosa solidariedade.


Dende a FEGADO querémonos solidarizar coa situación de Turquía e Siria tralo terremoto. Por iso, o próximo sábado 18 de febreiro, durante o Campionato Galego de Sprint organizado en Vigo polo Club VigOrienta, faremos unha recollida de material humanitario para enviar a Turquía, en colaboración coa Asociación de Veciños Cristo da Victoria.

A lista de produtos que se aceptan é a seguinte:

Roupa de inverno para nen@s e adult@s (abrigos, impermeables, botas, xerseis, pantalóns, luvas, bufandas, gorros, calcetíns, roupa interior...), tendas de campaña, sacos de durmir, mantas, termos, lanternas, cueiros ("pañales"), produtos de hixiene, compresas, leite de fórmula para bebés, conservas e alimentos non perecedoiros. Prégase que todo sexa novo.

Todo o material doado será trasladado a un punto de recollida en A Coruña (Noll Shisha Lounge Bar), que colabora coa Embaixada de Turquía en Madrid.

Colabora!