Noticias

Éxito galego nos Campionatos Ibéricos de O-Pé e MTBO

A pasada fin de semana comezaba a Liga Española de MTBO, a máxima competición a nivel nacional. Extremadura acollía a primeira cita, puntuable ademais para o Campionato Ibérico, competición que nos une cos veciños portugueses. Na suma xeral do campionato, o deportista do club Brigantia, Ángel García, lograba o bronce en categoría élite, mentres que Pablo Fernández (Fluvial de Lugo) recollía tamén o bronce pero en categoría M20. Resultados completos aquí.

Doutra banda, de forma paralela celebrábase en Ávila o Campionato Ibérico Masculino e 2ª proba da Liga Nacional de O-Pé. Neste caso, Mario López co seu bronce en M12 e a vitoria de Ángel A. Serto en M40 traían dúas medallas para a FEGADO. Resultados completos dispoñibles aquí.

Parabéns polos resultados!