Noticias

O CITY RACE EURO TOUR DEUSE CITA O PASADO DOMINGO EN VIGO

A cidade pontevedresa de Vigo acolleu o pasado domingo 18 de xuño a Vigo City Race, unha proba que formou parte do City Race Euro Tour, ademais de ser puntuable para a Liga Galega.

O evento, organizado polo Club VigOrienta, reuniu a máis de 300 participantes de toda Europa.

O podio do City Race en Masculino Elite foi completado polos nosos deportistas Alan Sardinero (Club UVigo), que recolleu o ouro cun tempo de 35:20, a tan só 5 segundos de Xoel Chamorro (Club Raza Palleira), e finalmente o terceiro posto foi para Javier Liz (Club Fluvial de Lugo). Na categoría Feminina, Teresa Bellón (Club Aromon de Pontevedra) rematou en segunda posición.

Dende a FEGADO agradecemos o traballo da organización e trasladamos os parabéns a todas as persoas participantes!

Resultados completos aquí.

Adxuntos