TRES MEDALLAS PARA OS EQUIPOS GALEGOS NA I PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE ROGAINE
O pasado sábado 12 de febreiro 16 orientadores/as da FEGADO viaxaron a Castellón para competir na primeira proba da Liga Española de Rogaine, organizada polo club ADCON- Castelló. Os equipos enfrontáronse a percorridos de ata 6 horas nas categorías superiores.
Na categoría Absoluta Masculina o conxunto Aromon Cota Cero (Xoel Chamorro, Ángel A. Serto e Adrián Moreira) acadou a medalla de prata, mentres que o Club Fluvial @s castrex@s (Diego I. Fernández, Sandra Fernández e J. Manuel Nogueras) logrou a terceira posición en Absoluto Mixto. Finalmente, o equipo Aromon Supervetmix (M. Jesús Abilleira, Javier Alvelo e J. Carlos Morais) proclamouse campión en Superveteranos Mixto.
Ademais, o sábado @s nos@s deportistas recolleron os trofeos da Liga Española de Rogaine 2021: o Aromon Cota Cero proclamouse campión da Liga 2021 na categoría Absoluta Masculina e o equipo Fluvial Lugo- Colmenar Orientación fixo o mesmo en Veteranos Masculino. Tamén recolleron o ouro os conxuntos USC Golden Ladies e Aromon Supervetmix nas categorías Superveterana Feminina e Superveterana Mixta, respectivamente.
O Fluvial Lugo @s Castrex@s conseguiu a medalla de prata en Absoluto Mixto e Aromon de Vagar tamén foi subcampión en Veterana Feminina. Finalmente, o Aromon-CRO conseguiu a terceira posición en Veteranos Mixto, igual que o Gallaecia Team Trío Amoroso na categoría Junior Mixta.
Noraboa a todos os equipos!
Achégase o enlace aos resultados completos, á galería de imaxes da proba e ao vídeo resumo do evento.