Noticias

LICENZA FEDERATIVA 2023

Xa podedes tramitar as licenzas federativas de orientación para a tempada 2023.

Por que federarse?

Estar federad@ permíteche puntuar nos rankings de O-Pé, Trail-O, Rogaine, Raids e MTBO; identifícache como practicante habitual do noso deporte; contarás cun seguro de accidentes deportivos durante a práctica de orientación, acceso a cursos e programas de formación, prezos especiais en certas actividades organizadas pola Federación, a posibilidade de formar parte da Selección Galega nos diferentes Campionatos de España... e moitas vantaxes máis.

Como solicitar a licenza?

A licenza solicítase a través dun club pertencente á FEGADO. Podes consultar a relación de clubes aquí.

É obrigatorio estar federad@ para practicar orientación?

Non, aínda que é moi recomendable. Para participar nunha actividade organizada por la FEGADO sen estar federad@, débese solicitar unha licenza de proba.

Prezos da licenza

Os prezos da tempada 2023 pódense consultar no documento adxunto.

FEDÉRATE!