TECNIFICACIÓN O-PÉ en O Bolo (Ou) na tarde do sábado 22 de marzo
Actividade de tecnificación programada na tarde do sábado. Tecnificación e posta a punto de cara ao Campionato de España 2025 CEO-1 en El Pedroso (Sevilla) do 18 ó 20 de abril. Complemento á terceira proba de Liga Galega de O-Pé aproveitando a doble xornada de orientación na fin de semana: Liga Galega de O-Pé (sábado) e Liga Galega de MTBO (domingo).
Destinatarios. Grupos de tecnificación FEGADO. Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento). Tamén aberto a Tecnificación + (persoas deportistas senior, xa tecnificadas e que aspiran a competir nas categorías elite).
Confirma se ves para imprimir os mapas necesarios. É imprescindible confirmar a túa asistencia na conta de correo oripe@fegado.es. Data límite: domingo 16 de febreiro ás 23:50 horas (coincide co límite inscrición na proba de Liga Galega).
Punto de encontro: Pavillón Municipal de O Bolo (chan duro) ás 15:00 aproximadas.
Duración da actividade: ata as 17:00 horas.
Trazados e cartografía: Martín Morales (TRIC-TRACK Outdoor Sports). Coordinan: Teresa Bellón (vogalía O-Pé) e Jorge Piñeiro (Dirección Técnica).
Materiais: compás e SPORTident. Roupa de orientación que protexa as pernas e os brazos. Roupa de abrigo e mudas segundo as condicións meteorolóxicas.
Chan duro. Dispoñibilidade de chan duro no Pavillón Municipal de O Bolo.