Noticias

TRES DEPORTISTAS DA FEGADO PREMIADOS POLOS SEUS RESULTADOS A NIVEL INTERNACIONAL NA TEMPADA 2022

A pasada fin de semana, coincidindo coa celebración da primeira proba da Liga Española de O-pé - XII Premi Internacional d'Orientació Comunitat Valenciana Vila d'Onil 2023, celebrouse a Gala FEDO 2022, na que se entregaron as medallas aos gañadores/as das ligas nacionais de Orientación a Pé e Sprint da pasada tempada.

A FEDO entregou tamén unha serie de mencións especiais a algúns deportistas, en base aos excelentes resultados obtidos a nivel internacional na tempada 2022. Entre @s premiad@s, destacamos aos nos@s orientadores/as:

  • Mateo Rodríguez Díaz (Club Aromon de Pontevedra), pola súa 10ª praza na distancia Sprint do Campionato de Europa Juvenil (EYOC), celebrado en Salgótarján, Hungría.
  • Marcos Silvarrey Oreiro (Club Gallaecia Raid), pola súa 5ª praza nas Remudas do Campionato de Europa Xuvenil de MTBO (EYMTBOC), celebrado en Ignalina, Lituania.
  • Sofía Martínez Gómez (Club Orientación Compás), 5ª praza nas Remudas do Campionato de Europa Xuvenil de MTBO (EYMTBOC), celebrado en Ignalina, Lituania.

Dende a FEGADO felicitamos aos tres deportistas por este recoñecemento!