Noticias

TECNIFICACIÓN VERÁN MTBO 2024

NOVA ACTIVIDADE DE TECNIFICACIÓN DE MTBO NO VERÁN

Os amigos da FPO nos convidan a participar nos adestramentos de selección portuguesa que van ten lugar na vindeira fin de semana dos días 29 e 30 de xuño en Agueda (norte de Portugal).

Haberá 3 categorías: senior, junior e xoven co que abrimos este adestramento a persoas deportistas absolutas e veteráns que tamén estexan interesad@s en participar.

Inscricións, como adoita a ser para as probas portuguesas en: https://www.orioasis.pt/oasis/events.php?action=event_view_info&eventid=2957

Dende a FEGADO estamos a xestionar viaxe en furgoneta de deportistas + bicicletas.

As persoas deportistas interesadas en asistir, poñédevos en contacto coa vogalía mtbo@fegado.es e inscribídevos no enlace, é unha actividade totalmente gratuita

Adxuntos