Noticias

Campionato Galego de Orientación de Distancia Longa 2022

O dia 12 de marzo, o clube VIGOrienta, coa colaboración do clube BudiñoRaid, organizarán o Campionato Galego de Orientación de Distancia Longa 2022 na Serra da Groba (concello de Oia), coincidindo esta carreira coa 2ª proba da liga Transfronteriza Galicia - Norte de Portugal.

Cun mapa novo creado polo clube VIGOrienta, os participantes podrán disfrutar dos montes de Torroña, dos seus petroglifos, miradores con espectaculares vistas, rodeado de pinos e animais salvaxes.

Pola tarde, cambiarse de entorna para rematar cun Sprint nas rúas históricas da bonita cidade de Vigo.

Para as persoas non federadas que queiran participar nos 2 eventos, se lle descontarán 2 ? do seguro por ser diario.

Aproveitando estes eventos, teremos un lugar de recollida de roupa, mantas, material de hixiene, medicamentos... para entregar á Asociación AGA-UCRAÍNA e facer que cheguen ás fronteiras con Ucrania e poder axudarlles nestes momentos tan difíciles.

Esperamos que disfrutedes.

Novos boletines publicados.