Noticias

CASTELLÓN ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA A PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DA TEMPADA E A GALA FEDO 2024

A tempada de orientación a nivel nacional comezou esta fin de semana en Villafranca del Cid (Castellón) coas primeiras probas da Liga Española de O-Pé e de Trail-O, no XIV Premi Internacional d'orientació de la Comunitat Valenciana, organizado pola Federación Valenciana e o club ADCON, no que participaron preto de 20 deportistas da FEGADO.

O sábado disputouse a distancia longa e unha proba de Trail-O pola tarde; a proba de media distancia despediu a competición o domingo, na que destacamos a cuarta posición de Jennie Börjesson (ClubRaza Palleira) en FE na clasificación xeral. As dúas probas de O-Pé puntuaban tamén para o ranking internacional (World Ranking Event,WRE). Os resultados completos de todas as probas pódense consultar neste enlace.

Ademais, de xeito paralelo á competición, celebrouse como de costume na primeira proba do ano a Gala FEDO 2024, na que se entregaron os premios do ranking 2024 de O-Pé, Sprint e Trail-O (os resultados dos deportistas glaeg@s pódense consultar neste enlace). Ademais, fíxose entrega dun recoñecemento aos deportistas de O-Pé, MTBO e Trail-O que lograran medallas ou diplomas a nivel internacional a pasada tempada. Entre estes recoñecementos destacamos os obtidos por Nicolás López (Club de Orientación Compás) polos seus resultados no Campionato de Europa Junior de MTBO (2º no Sprint, 6º na Distancia Media e 5º en Remudas); Sofía Martínez (Club de Orientación Compás) polos diplomas conseguidos tanto no Campionato de Europa Junior de MTBO (5ª posición nas Remudas) como no Campionato do Mundo Junior de MTBO (4ª nas Remudas); e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) polos seus resultados no Campionato de Europa Xuvenil de MTBO (5ª posición nas Remudas).

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s!