Noticias

NOVO CIRCUÍTO PERMANENTE DE ORIENTACIÓN NO CONCELLO DE XERMADE

O Concello de Xermade (Lugo) e o Parque Eólico Experimental de Sotavento inaguraron o pasado sábado 10 de xullo, coincidindo coa primeira proba da Liga Galega de Trail-O, un circuíto permanente de orientación (CPO) no Serrón do Lobo, formado por cinco percorridos adaptados a diferentes niveis de esixencia físico-técnica.

O mapa, elaborado por Iván Mera do Club Orientación Liceo, pódese descargar de xeito gratuíto nun panel exterior colocado nas instalacións de Sotavento e inclúe zonas técnicas con transicións entre distintos tipos de vexetación e un marcado desnivel.

O obxectivo deste circuíto é fomentar o noso deporte ofrecendo una alternativa de ocio para todos os públicos, tanto a nivel autonómico como a nivel nacional.

As coordenadas do mapa son as seguintes: 43°21'8.05''N, 7° 52'50.24''W.


Achegamos a nova do xornal El Progreso.