PORTUGAL RECIBIU ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO IBÉRICO MASCULINO DE O-PÉ
Portugal acolleu estes 26 e 27 de abril o Campionato Ibérico Masculino de Orientación a Pé (CIMO), organizado polo Clube de Orientação do Centro (COC) e a Federación Portuguesa de Orientación. O evento contou con tres probas (longa, sprint e media) nas que se decidiron os novos Campións Ibéricos Masculinos e que tamén foron puntuables para a Liga Española de Orientación.
O sábado a competición deu comezo coa distancia longa, naque Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) se proclamou Campión Ibérico en H50, Noa Varela (Raza Palleira) conseguiu a terceira posición en D12 e Sonia Gómez (Club de Orientación Compás) foi primeira en D50, tendo en conta en ambos casos os resultados globais.
Pola tarde celebrouse o sprint, no que Iván Somoza logrou de novo o ouro en H50 e Concepción González Bello (Club de Orientación Compás) e Rosa María Pernas (Club USC) foron segunda e terceira en D50 e D60, respectivamente.
O domingo o evento despediuse coa distancia media, neste caso Noa Varela logrou o primeiro posto en D12 e Sonia Gómez a segunda posición en D50.
Dende a FEGADO enviamos os parabéns a tod@s @s deportistas!
Os resultados completos, así como os resultados globais, están dispoñibles neste enlace. A información da proba pódese consultar aquí.