Noticias

O EQUIPO EXPENATUR.FR-TRACKTHERACE PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA TIERRA INDOMITA ADVENTURE RACE 2025

O equipo Expenatur.fr- Tracktherace, integrado polos nosos deportistas Adrián Moreira (Club Aromon de Pontevedra) e Marcos Muiño (Club Gallaecia Raid), xunto cos seus compañeiros Mariana Marques e Romuald Viale, proclamáronse este mércores campións da Tierra Indomita Adventure Race 2025, unha proba pertencente ás Series Mundiais de Raids de Aventura (ARWS).

A carreira estase a disputar entre o 9-14 de marzo en Chile, na Cordilleira dos Andes. Os equipos debían completar un total de 500 km (divididos en seccións de trekking, kaiak e BTT) nun tempo máximo de 5 días, atravesando montañas, lagos, ríos e chegando incluso ao cumio de dous volcáns. O equipo Expenatur.fr- Tracktherace chegou en primeira posición cun total de 3 días e 5 horas de carreira.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s!

Todos os detalles do evento están dispoñibles neste enlace.