Noticias

EXCELENTES RESULTADOS DOS DEPORTISTAS DA FEGADO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE US MTBO

Este sábado 28 de setembro a localidade murciana de Zarzadilla de Totana acolleu o Campionato de España de Ultra-Score MTBO 2024, que foi tamén puntuable para a Liga Española de MTBO.

Un total de 15 orientadores e orientadoras da FEGADO competiron neste evento, enfrontándose a un percorrido en formato score de ata 6 horas de duración no caso das categorías superiores.

A nosa deportista Mar Delgado (do Club O Pasatempo Betanzos) coronouse Campioa de España na categoría elite feminino, manténdose en primeira posición no ranking nacional. Destacamos tamén os triunfos de Lía Rodríguez (Club Orientación Compás), Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) e Noa Rodríguez (Club Orientación Compás) en F15, F17 e F20, respectivamente. En F21, Ana Mª Sobrado (tamén do Club Orientación Compás) conseguiu o ouro, seguida de Diana Alvaredo (Club O Pasatempo Betanzos) e Mª Esther Barreira (Club O Pasatempo Betanzos) tamén foi primeira en F50. Na categoría M40 Juan Combarro (Club O Pasatempo Betanzos) logrou a medalla de ouro e Rodrigo Rodríguez (Club Orientación Compás) a de prata.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s deportistas!

Os resultados completos pódense consultar neste enlace.