A SELECCIÓN GALEGA COMPITE ESTA FIN DE SEMANA NA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ EN JAÉN
Esta fin de semana os deportistas da Selección Galega compiten no Campionato de España de Orientación a Pe de Sprint e Remudas Mixtas, que terá lugar en Frailes (Jaén)
A competición está organizada polo Club Veleta Orientación e inclúe tamén unha proba de distancia media puntuable para o ranking nacional que se celebrará o sábado pola mañá. O sábado pola tarde disputarase o sprint e as remudas mixtas o domingo, ambas probas no casco urbán de Frailes
Os resultados e os tracks gps pódense analizar na plataforma Orion, con rexistro gratuito
Máis información, resultados e últimos detalles na web oficial do evento
Dende a FEGADO enviamos moita sorte a tod@s!
