PRESELECCIÓN GALEGA de cara ao Campionato de España de Trail-O 2025 (CETO) na modalidade Pre-O | 14 e 15 de xuño | Dehesa de Alpedrete e Torrelodones (Madrid)
Neste 2025 o Campionato de España de Trail-O consta de dúas fases nas modalidades de Temp-O e de Pre-O. Ambas puntúan de cara ao Campionato de España por Comunidades Autónomas.
A primeira das fases, na modalidade de Temp-O, ven de celebrase o pasado fin de semana do 31 de maio ao 1 xuño en Pedralba (Valencia). O evento rexistrou aparticipación de 17 clubs representando a 5 Comunidades Autónomas. Lamentablemente non houbo representación galega.
Estamos aínda a tempo de inscribirnos no Campionato de España de Trail-O na modalidade de Pre-O con dobre xornada entre o sábado 14 e o domingo 15 de xuño en Alpedrete (Madrid). O evento ten a denominación de Trofeo Internacional de Madrid (WRE). As inscricións estarán abertas en SICO ata o día 6 de xuño.
Anéxase unha lista de persoas deportistas preseleccionadas que poden optar ás 4 prazas dispoñibles para representar á Selección Galega no CETO 2025. Non é unha lista pechada, posto que pode ser ampliada en función dos méritos deportivos das persoas inscritas.
A Selección Galega definitiva configurarase entre as persoas inscritas por aplicación do criterio de Decisión Técnica (DT) consensuada entre a Vogalía de Trail-O e a Dirección Técnica da FEGADO. Poderán quedar prazas vacantes de non acadar as persoas aspirantes un nivel técnico suficiente ou unha experiencia mínima.
Máis información sobre o CETO Pre-O 2025: