Noticias

APRAZADAS AS PROBAS DE O-PÉ E MTBO DE PONTEVEDRA

Lamentamos comunicar o aprazamento das probas das Ligas Galegas de O-Pé e MTBO, previstas para esta fin de semana en Pontevedra, trala conversa mantida entre FEGADO e XESTA NATUREZA, pola falta de un dos permisos necesarios para desenvolver o evento.

Aprázase tamén a entrega de premios das Ligas Galegas 2021 e a tecnificación de MTBO prevista para o domingo día 30.

Xúntase o comunicado de XESTA NATUREZA organizador do evento.