Noticias

CASE UNHA TRINTENA DE DEPORTISTAS DA FEGADO PARTICIPARON ESTE SÁBADO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ROGAINE

O pasado sábado11 de xuño 28 orientadoras e orientadores da FEGADO desprazáronse a Tragacete (Cuenca) para competir no Campionato de España de Rogaine, organizado polo Club COMCU xunto coa Federación de Castilla-La Mancha.

A proba disputouse no Parque Nacional da Serranía de Cuenca e os percorridos estendéronse entre as 4 e as 8 horas, segundo a categoría.

O equipo Fluvial Lugo Xesteiras- Os Barbas (Tono Abal, Alberto Corral e Luisa Felpeto) proclamouse campión na categoría Absoluta Mixta, mentres que en Veteranos Masculino a medalla de prata foi para o conxunto O Pasatempo (David Casado e Francisco J. López Costoya). As Golden Ladies (María José Naya e Rosa María Pernas) acadaron o ouro en Superveteranas Feminino e en Superveteranos Mixto o equipo Aromon Supervetmix (Chus Abilleira, Javier Alvelo, Juan Carlos Morais) tamén foi o campión, mentres que o Compás- MTCSUPERVET.MIX (Concepción Bello e Francisco Varela) conseguiu a medalla de prata.

En Junior Feminino a primeria posición foi para o Compás Junior (Sofía Martínez e Noa Pardo) e o Compás Con..Pasiñas (Lía Rodríguez e Noa Rodríguez) chegou en terceiro lugar.

Parabéns a todos!

Achégase o enlace á web do evento onde podedes consultar os resultados completos e máis información.

Adxuntos