Noticias

Recomendación dun uso responsable da máscara na ACTUALIZACIÓN nº 2 do PROTOCOLO FISICOVID-DXT GALEGO de FEGADO

A práctica deportiva federada segue a estar sometida ao cumprimento do PROTOCOLO FISICOVID-DXT GALEGO da FEGADO e das súas sucesivas actualizacións e certificacións da Secretaría Xeral para o Deporte (a última de 18 de maio de 2022). Así segue a constar nos regulamentos, nas normas anuais e tamén debera ser reflectido nos boletíns de tódalas probas oficiais federadas ata novo aviso. Estamos a traballar en fundir todo nun único documento actualizado. Así o está a requerir a Secretaría Xeral para o Deporte en base ás esixencias da Consellería de Sanidade.

Respecto ao uso da máscara no desenvolvemento da actividade física, reseñar que xa non é obrigatorio. Isto aplica en tódalas especialidades da nosa modalidade de Orientación: O-pé bosque, O-pé urbana ou sprint (novidade), Trail-O, MTBO e Raid.

En calquera caso, seguindo as estritas instrucións da Secretaría Xeral para o Deporte, RECOMENDAMOS a organizacións, deportistas e acompañantes un USO RESPONSABLE DA MÁSCARA non somentes en espazos pechados, senón tamén en actividades ou espazos nos que o risco de transmisión poida ser alto debido á concentración de persoas, pouca distancia interpersoal, ventilacións non sempre garantidas e diversidade de persoas expostas entre as que podería haber vulnerables.

NORMATIVA DE APLICACIÓN (actualizada a 18 de maio de 2022):

- Real Decreto 286/2022 de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.

- Modificación de 9 de marzo de 2022 do Protocolo de Actuación COVID-19 da Federación Española de Orientación.

- Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola COVID-19 de aplicación ao Deporte Galego. Secretaría Xeral para o Deporte. 19 de abril de 2022.

- Recomendación respecto do uso responsable da máscara en espazos pechados nos que pola súa natureza ou actividades que se leven a cabo, o risco de transmisión sen máscara pode ser alto. Secretaría Xeral para o Deporte. 19 de abril de 2022.