Noticias

Publicación das/os PRESELECCIONADAS/OS para formar parte da SELECCIÓN GALEGA no CEMTBO 2021

Publícase a relación de PRESELECCIONADAS/OS que aspirarán a unha das 32 prazas dispoñibles (16 mulleres e 16 homes) para formar parte da SELECCIÓN GALEGA que defenderá o título de campioa no Campionato de España de Comunidades Autónomas que se celebrará en Huerta del Rey (Burgos) entre o 24 e o 25 de xullo de 2021.

Estar na lista garante o dereito a participar nas probas de selección (4) xa publicadas na noticia do pasado martes 11 de maio.

Arrincamos cun programa intenso que ofrece adestramentos de calidade para a ir collendo a forma a través da especialidade de MTBO, enfocados tanto cara ao CEMTBO como a outros eventos oficiais calendados (LEMTBO, LEUSMTBO, LERA, CERA, ARWC, etc.).

Relación de probas programadas (prégase confirmar a asistencia antes das 22:00 horas do mércores anterior, para poder xestionar a impresión de mapas):


2ª Proba de selección. A Coruña - 29 de mayo (100 ptos.).

3ª Proba de selección. Ortigueira - 3 de xullo ULTRASCORE (100 ptos).

4ª Proba de selección. Ortigueira - 4 de xullo TECNIFICACIÓN (100 ptos.)

5ª Proba de selección. Lugar a determinar. - 10 de xullo (100 ptos)


As prazas estarán restrinxidas ás/aos deportistas preseleccionadas/os. Para máis información, consultar con Sonia Gómez Naya (vogalía de MTBO).

En todos os adestramentos será de aplicación o protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da FEGADO.

Animádevos a participar.


Nota: a relación de preseleccionadas/os poderá ser actualizada en cualquera momento segundo decisión técnica.