Noticias

MURCIA RECIBIU A PASADA FIN DE SEMANA O 36º TROFEO COSTA CÁLIDA DE O-PÉ

A pasada fin de semana, a localidade murciana de Caravaca de la Cruz acolleu o 36º Trofeo Costa Cálida, que foi a terceira proba da Liga Española de O-Pé 2024 e tamén World Ranking Event (puntuable para o ranking mundial).

A nivel nacional, na proba de distancia longa, Lucía Parga (Club Aromon de Pontevedra) foi quinta en FE, mentres que Concepción González (Club Orientación Compás) recolleu o ouro en F55 e Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) o bronce en M20E.

Na proba da Liga Española Sprint disputada o sábado 2 pola tarde, Fermina Fernández (Club Fluvial de Lugo) foi segunda en F65 e Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) e Mateo Rodríguez, terceiros en F16 e M20E, respectivamente.

O evento despediuse o domingo coa distancia media, na que a efectos do ranking nacional, Sara Nogueras, Fermina Fernández e Mateo Rodríguez recolleron os bronces nas súas correspondentes categorías (F16, F65 e M20E).

Parabéns a tod@s!

Os resultados completos pódense consultar aquí.