FINALIZA O CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO
Tres orientadores da FEGADO formaron parte da Selección Española no Campionato do Mundo de MTBO: Sofía Martínez (Club Orientación Compás), Ángel García (Club Brigantia Aventura) e Juan José Sancosmed (Club Orientación Coruña). Disputouse entre os días 15-20 de xullo en Falun (Suecia) e consistiu en nunha proba de distancia media, unhas remudas, outra proba de longa distancia, un sprint e unha mass start.
Na distancia media o mellor senior da selección foi Ángel García coa súa 25ª posición, mentres que Jota Sancosmed logrou o 57° posto e Sofía Martínez chegou en 19ª posición en Junior.
Nas remudas, o equipo senior masculino, integrado polo noso deportista Ángel García, Javier Muñoz e Juan Sanz logrou a décima posición.
O domingo na distancia longa, Ángel García logrou de novo o mellor posto para a selección en senior masculino ao chegar en 33° lugar, Jota Sancosmed foi o 42° e Sofía Martínez a 21ª en Junior.
Na distancia sprint o mellor resultado foi para Sofía Martínez, que chegou en 19ª posición e Ángel García foi o 30°. Por último, o mércores na Mass Start Sofía chegou en 22° lugar e Ángel García foi o 29°.
Dende a FEGADO damos a noraboa a todo o equipo!
Para más información, pódese acceder á web do evento aquí e aos resultados completos aquí