Noticias

GALICIA PROCLAMOUSE SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE MTBO ESTA FIN DE SEMANA

A localidade alicantina de Santa Pola acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España de MTBO 2025, que reuniu a centos de orientadores e orientadoras de todo o territorio nacional. A proba estivo organizada pola FEDO, en colaboración coa Federación Valenciana de Orientación, e incluiu probas de distancia media, longa e sprint.

O sábado disputouse a distancia longa, na que Sara Nogueras (Club O Pasatempo Betanzos) e Noa Rodríguez (Club Orientación Compás) proclamáronse Campioas de España en F17 e F20, respectivamente. Sonia Gómez e Fran Varela (ambos do Club de Orientación Compás) tamén lograron o ouro en F50 e en M60. Pola súa banda, Paulina Mosquera (Club Gallaecia Raid) e Alejandro Marín (Raza Palleira) foron terceiros en F50 e en M50.

Pola tarde celebrouse o sprint, onde destacamos a segunda posición do noso orientador Kike Chousa (Club de Orientación Compás) na categoría en ME. Sara Nogueras, Noa Rodríguez e Sonia Gómez recolleron de novo o ouro en F17, F20 e F50, respectivamente. Diego Silvarrey (Club Gallaecia Raid) e Nicolás López (Club de Orientación Compás) proclamáronse tamén Campións de España en M17 e en M20. Claudia Oreiro (Club Gallaecia Raid) e Paulina Mosquera completaron o podium en F50 e Francisco Varela logrou esta vez a prata en M60.

O domingo o Campionato despediuse coa distancia media. Sara Nogueras recolleu o seu terceiro ouro en F17, seguida de Lía Rodríguez, mentres que na categoría masculina Diego Silvarrey foi terceiro. En F20 Noa Rodríguez tamén conseguiu o bronce e en M20 Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) proclamouse subcampión. Rosa Porto (Club O Pasatempo Betanzos) foi terceira en F45, mentres que Sonia Gómez conseguiu de novo o ouro en F50 e Francisco Varela tamén foi campión en F60.

Coa suma de todas as probas, Galicia conseugiu a segunda posición na clasificación por comunidades autónomas e o Club de Orientación Compás proclamouse campión na clasificación por clubs.

Dende a FEGADO enviamos os parabéns a todos os deportistas!

Os resultados completos están dispoñibles aquí e as imaxes pódense descargar aquí.