Noticias

CEMTBO 2021 | SELECCIÓN GALEGA DEFINITIVA | 24 e 25 de xullo | Huerta del Rey (Burgos)

Tras a publicación da convocatoria de probas de preparación e criterios de selección (11 de maio de 2021) e a relación de preseleccionados/as (14 de maio de 2021) e unha vez pechado onte domingo 18 de xullo o prazo de inscripcións para o Campionato de España de MTBO que se celebrará o vindeiro fin de semana 24 e 25 de xullo en Huerta del Rey (Burgos), dende a Dirección Técnica procedemos a validar a relación definitiva de 32 seleccionados/as elaborada pola Vogalía de MTBO a partir dos inscritos na plataforma SICO e aplicando os criterios de selección da convocatoria e Proxecto Deportivo de MTBO 2021.

A relación dos 32 seleccionados/as apróxímase á paridade de xénero (43,75% mulleres e 56,25% homes), prioriza a participación de deportistas das categorías absolutas e previas á absoluta, e detalla os deportistas que puntuarán de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas según o formato de competición establecido pola FEDO.

Temos conseguido configurar unha Selección Galega de 25 deportistas (dun máximo de 32) con posibilidade de aportar puntos á selección. Desafortunadamente temos 7 vacantes sen cubrir, así que declaramos un total de 7 deportistas seleccionados/as que actuarán como reserva de cara a posibles suplencias debidamente xustificadas. A Vogalía de MTBO poderá designar máis reservas de entre os "non seleccionados".

Uns números espectaculares: participarán un total de 348 deportistas na distancia longa (72 galegos/as), 344 na distancia media (71 galegos/as) e 317 no sprint (71 galegos/as).

Desexámovos moita sorte a todos/as.

Boas carreiras... e máxima concentración en materia COVID: máscara, distancia, xeles hidroalcohólicos...

Agardamos unhas reportaxes fotográficas exemplarizantes que amosen como toda a familia FEGADO respecta os protocolos COVID CSD-FEDO.