Noticias

MÁIS DUNHA TRINTENA DE DEPORTISTAS DA FEGADO PARTICIPARON ESTA FIN DE SEMANA NO MAXIMUS O'MEETING

Esta fin de semana, Ávila acolleu o Maximus O'Meeting, un evento que reuniu a máis de mil corredores/as de todo o mundo e ao que asistiron 36 orientadores e orientadoras da FEGADO.

Enfrontáronse a unha proba de distancia longa e outra de distancia media, ambas puntuables para o ranking nacional. Ademais, a distancia media foi World Ranking Event, é dicir, puntuable tamén para o ranking internacional.

O sábado 19 na proba de distancia longa, David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) foi o segundo español en M50. O domingo 20, na clasificación a nivel nacional da distancia media, Eva Casado (Club O Pasatempo Betanzos) recolleu a medalla de ouro en F16E, mentres que Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra), Sonia Gómez (Club Orientación Compás) e David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) foron os subcampións de M18E, F45 e M50, respectivamente.

Ademais, de xeito paralelo á competición, o sábado pola tarde celebrouse a primeira proba de Selección para o Campionato de Europa Xuvenil e Cadete 2022, dirixida aos deportistas de F/M-16E e F/M18-E, na que participaron @s nos@s orientadores/as Mailén Aller, Eva Casado, Sofía Martínez e Mateo Rodríguez.

Parabéns a tod@s!


Para máis información, achégase o enlace á web do evento.

Adxuntos