Noticias

O EQUIPO BRIGANTIA ADVENTURE RACE, SUBCAMPIÓN DE EUROPA DE RAIDS DE AVENTURA E MEDALLA DE BRONCE PARA O EQUIPO ENDURANCE

A pasada fin de semana, o equipo Brigantia Adventure Race (Ángel García, Tere Barreira, José Antonio Torviso e Chechu Penas) proclamouse subcampión de Europa de Raids de Aventura tras 18h:46':12'' de carreira. A medalla de bronce foi para o equipo Endurance (Jota Sancosmed, Saleta Castro, Borja Varela e Yago Breijo) cun tempo de 18h:59'15''

O ARWS EUROPE CHAMPIONSHIP 2022- Raid Gallaecia, (Campionato de Europa de Carreiras de Aventura) celebrouse os pasados 8 e 9 de outubro na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A proba foi tamén a 4º carreira puntuable para a Liga Española de Raids de Aventura e a 5ª proba da Liga Galega de Raids de Orientación.

Os participantes completaron 200 km divididos en tramos terrestres de BTT, trekking e rappel e partes acuáticas para kaiak, nun tempo máximo de 26 horas.

Dende FEGADO trasladamos os parabéns a todos os equipos!


Podes consultar os resultados do resto de equipos aquí. Máis información sobre a proba neste enlace