Actualización do ranking de O-Pé e de MTBO
Publícanse os rankings actualizados tanto de O-Pé como de MTBO, cos resultados das probas que tiveron lugar en Xinzo de Limia (Ourense) o día 1 de xullo.
Achégase tamén o listado completo de resultados por cada proba, para que cada un poida comprobar por si mesmo o posto e puntuación acadado. En amarelo os datos que non poden contar para o ranking. Hai dúas razóns principais para aparecer con esa cor: non pertencer a un club FEGADO ou ben ter participado en máis dunha categoría (en amarelo o resultado descartado)