Noticias

EXCELENTES RESULTADOS PARA A SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO EN POLONIA

Varsovia acolleu entre os pasados 11-17 de agosto o Campionato do Mundo de MTBO, no que estiveron participando os deportistas da Selección Española, da que formaban parte os orientadores da FEGADO Kike Chousa (Club de Orientación Compás) no equipo Absoluto e Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid), Nicolás López, Sofía Martínez e Noa Rodríguez (os tres do Club de Orientación Compás) no equipo Junior.

Destacamos o top 10 conseguido por Sofía Martínez (9ª) e Nicolás López (10º) na distancia sprint do martes, así como o diploma obtido por Nicolás López tras o seu 6º posto na distancia media. A estes resultados, sumamos o diploma conseguido polo equipo junior masculino (Nicolás López, Joan Montes e Marcos Silvarrey) nas remudas do domingo ao rematar en sexta posición.

Dende a FEGADO damos a noraboa a todo o equipo nacional e en especial aos nosos deportistas!

Os resultados completos, GPS e a retransmisión pódense consultar aquí.