Noticias

ÁNGEL GARCÍA, JUAN JOSÉ SANCOSMED E SOFÍA MARTÍNEZ, PREPARADOS PARA O CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO

Sofía Martínez (Club Orientación Compás) , Ángel García (Club Brigantia Aventura) e Juan José Sancosmed (Club Orientación Coruña) xa están en Falun (Suecia) preparados para representar a España no Campionato do Mundo Senior-Junior de MTBO

Sofía formará parte do equipo junior e Ángel e Juan José do absoluto

A competición comezará o venres 15 coa distancia media ás 9:30, ao día seguinte disputaranse as remudas ás 10:00 e o domingo 17 a longa distancia será ás 9:00. O sprint celebrarase o martes 19 ás 10:00 e a competición despedirase o mércores 20 coa Mass start ás 10:00.

Dende a FEGADO desexámoslle moita sorte a todo o equipo español!


A proba pode seguirse en directo no enlace adxunto. Achégase tamén o link á web do evento e á web da FEDO.