PRE-SELECCIÓN GALEGA CEOP-2 URBANO 19 e 20 outubro Guadix (Granada) [ollo ao peche de inscricións SICO o 7 outubro]
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ (CEOP-2) URBANO 2024. Sprint | Remudas Mixtas
Adxuntamos a lista de persoas deportistas que loitarán para formar parte da Selección Galega do CEOP-2 de Guadix (Granada).
Que significa estar entre aspersoas preseleccionadas ? É un recoñecemento ao esforzó e aos méritos deportivos individuais. Tamén aplícanse decisións técnicas e valórase positivamente a participación continuada, no caso dos rapaces e rapazas das categorías inferiores, nas actividades de tecnificación da FEGADO.
Motivación e novas experiencias. A preselección ten o obxectivo de motivar ás persoas deportistas para perseverar no proceso de mellora individual continua. Tamén para dar o salto e probar a experiencia de saír ás probas de nivel nacional formando parte do grupo da FEGADO que se desplaza regularmente ás competicións.
O meu nome non está na lista. Quere iso decir que xa non podo ser seleccionado/a ? Non. A lista de persoas preseleccionadas é aberta, sempre co obxectivo do recoñecemento dos méritos deportivos individuais que se vaian acadando, cubrir as prazas dispoñibles, completar os equipos de remudas e aportar a mellor puntuación posible para a Selección Galega nos Campionatos de España por Comunidades Autónomas.
Selección Galega definitiva ? A selección definitiva se fará entre as persoas inscritas ao CEOP-2 na plataforma SICO. Haberá un número limitado de prazas sometidas a dispoñibilidade orzamentaria según méritos deportivos dos/as candidatos/as e decisións técnicas para completar os seguintes grupos obxectivos por categorías: SUB-16 (3 prazas) | SUB-20 (3 prazas) | SÉNIOR (7 prazas) e VETERANO/A (4 prazas). Remudas mixtas (obxectivo de armar 5 equipos competitivos). As posibles vacantes en categorías veteranas ou sénior serán asignadas ás persoas deportistas máis novas.