EXTREMADURA ACOLLEU ESTA PONTE OS 5 DÍAS DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ
Esta ponte a provincia de Badajoz reuniu a máis de 1000 deportistas no VI Trofeo Extremadura-5 Días de España, organizado pola Federación Extremeña (FEXO) e o club Alcor. Disputáronse un total de 6 probas diferentes, que incluían as últimas da Liga Española de O-Pé e Sprint 2023.
O Trofeo deu comezo con dúas probas de media distancia, celebradas o mércores 6 en Almendral e o xoves 7 en Jerez de los Caballeros. As carreiras puntuables para o ranking nacional foron a distancia sprint do venres 8 en Salvaleón e en canto as probas de bosque, dúas probas de distancia media disputadas o venres 8 en Salvaleón e o sábado 9 en Barcarrota, ademáis dunha longa distancia celebrada o domingo 10 en Jerez de los Caballeros.
No cómputo global das 6 carreiras, en Feminino Elite Jennie Börjesson (Raza Palleira) logrou a prata e María Piñeiro (SM Ártabros) conseguiu a cuarta posición, mentres que na categoría Elite Masculina Maikel Rodríguez (VigOrienta) recolleu o bronce, seguido de Xoel Chamorro (Raza Palleira).
Por outra banda, Teresa Bellón, Araceli Abalde, Ángel Álvarez Serto (os tres do Club Aromon) e Rosa Mª Pernas (Club USC) conseguiron a prata en F21A, F35A, M40 e F60, respectivamente. O terceiro posto en F16 foi para Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) e en M45 para Iván Somoza (Gallaecia Raid).
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s!!
Toda a información e os resultados completos están dispoñibles aquí