Noticias

O EQUIPO GALEGO MARMAR OUTDOOR COMPETIU A PASADA FIN DE SEMANA NA ENDURANCE QUEST ADVENTURE RACE EN FINLANDIA

O equipo Marmar Outdoor (Pablo López, Verónica Montes, Alberto Taboada e David Senra) competiu os pasados 12 e 13 de agosto no Endurance Quest Adventure Race, unha proba pertencente ás Series Europeas de Carreiras de Aventura (ARWS European Series) celebrada no arquipélago finlandés.

A proba tivo unha duración de 28 horas e os equipos completaron un total de 250km, divididos en varias etapas, incluíndo seccións de mountain bike, trekking, kaiak, canoa e cordas.

O conxunto galego rematou en 15ª posición, tras 26:39 minutos de carreira.

Parabéns aos catro!


A información da proba está dispoñible aquí e os resultados completos pódense consultar neste enlace.