Noticias

CEMTBO 2022 | SELECCIÓN GALEGA DEFINITIVA | 2 e 3 de xullo | Logroño (La Rioja)

Tras a publicación dos criterios de selección no Proxecto Deportivo de MTBO 2022, que foron actualizados en marzo de 2022, e dos/as preseleccionados/as en xaneiro de 2022, e unha vez pechado onte domingo 26 de xuño o prazo de inscrición nas categorías oficiais, dende a Dirección Técnica procedemos a validar a relación definitiva de 32 seleccionados/as elaborada pola Vogalía de MTBO a partir das persoas deportistas inscritas na plataforma SICO.

Configuramos unha Selección Galega de 26 persoas deportistas dun máximo de 32 (12 mulleres e 14 homes), con posibilidade de aportar puntos á selección. Declaramos unha serie de RESERVAS (en vermello) de cara a posibles suplencias por baixa dos/as titulares debidamente xustificadas e que serán activados/as segundo o criterio técnico da persoa responsable da Delegación Galega no CEMTBO 2022,Sonia Gómez Naya.

Unha boa participación: participarán un total de 293 persoas deportistas na distancia longa (56 galegos/as), 291 na distancia media (56 galegos/as) e 284 no sprint (54 galegos/as).

Parabéns e moita sorte a todos/as.