Noticias

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS para deportistas en competición: Raid de Orientación

O vindeiro 13 de marzo comezará a tempada 2021 coa celebración da primeira proba da XVII Liga Galega de Raid de Orientación, organizada polo Club Fluvial de Lugo no concello de Becerreá (Lugo).

Están inscritos máis de 150 deportistas federad@s residentes en Galicia, e será de aplicación o novo Protocolo FISICOVID-DxT GALEGO na súa actualización de xaneiro 2021 (normativa de obrigado cumprimento).


Sabes cando é obrigatorio empregar a máscara? Coñeces que distancia interpersoal de seguridade debes manter durante a competición respecto doutros deportistas? Haberá dispensadores de hidroxel? Onde? Por que hai que correr cunha única SPORTident por equipol? Modifícase a estrutura tradicional das saídas: saídas graduadas (escalonadas). Que debo facer se, días despois da proba, teño síntomas ou mesmo un resultado positivo nunha proba diagnóstica de COVID? A quen debo avisar?

Se non tes claras moitas destas respostas, entón é que necesitas botar un ollo a esta GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS que está pensada para deportistas de Raid de Orientación (e tamén para as súas asistencias e acompañantes) que participen nas competicións oficiais da FEGADO desta tempada.

Máis info (e máis resumida) nos BOLETÍNS da proba. Non deixes de revisalos de cando en vez.

Resolve calquera dúbida co COORDINADOR/A COVID do teu club.


Desfruta de novo do monte. Con responsabilidade. A FEGADO fixo os seus deberes. O teu CLUB traballou moito. Agora tócache a ti e ao teu equipo: a vosa conducta individual é esencial. Protéxete, protexe aos teus compeñeir@s e respecta aos veciños e usuarios dos espazos nos que terá lugar a competición.

Aplica as medidas preventivas antes, durante e despóis da práctica deportiva.

E recorda o de CHEGAR, CORRER e MARCHAR. Evita socializar. Respecta as distancias interpersonais dentro do teu equipo e entre equipos, extrema as medidas de hixiene de mans e materiais e utiliza a máscara adecuadamente.

Benvid@s de novo a este marabilloso deporte.

Saúde e natureza.