Noticias

A LIGA ESPAÑOLA DE RAIDS DE AVENTURA DEU COMEZO ESTA FIN DE SEMANA EN EXTREMADURA

A pasada fin de semana a Liga Española de Raids de Aventura deu comezo en Extremadura co 'VI Raid de Aventura La Siberia, Reserva de la Biosfera', unha proba organizada polo club ALCOR e a FEXO.

Un total de catro equipos galegos participaron no evento, que se realizou en dúas etapas, a primeira durante todo o sábado 19 e a segunda a mañá do domingo 20.

O equipo Endurance Coco (J. Sancosmed, Jairo Uriz e Borja Varela) proclamouse campión na categoría Élite; mentres que en Aventura Mixto, o conxunto Gallaecia Gocan Aventura-Consa (M. Esther Barreira, Roberto Chas e Juan Combarro) e o Aseragro-Tecfilter Vizhoja Cornelios (Silvia Insua, Cándido Carrera e Isaac Rodríguez), recolleron as medallas de ouro e prata, respectivamente.

Ademais, de xeito paralelo, celebrouse a entrega de premios da Liga Española de Raids de Aventura 2021. En Élite o equipo Brigantia Adventure Race proclamouse campión, seguidos do Endurance II- Club Orientación Coruña que conseguiu a medalla de prata e o conxunto Fluvial Lugo- Os Barbas logrou a terceira posición. Os equipos Neumáticos JL - Vizhoja Cornelios, Seo Ciclos Ordes e Galicia Xuvenil recolleron cadansúas medallas de bronce en Aventura Mixto, Aventura Masculino e Xuvenil, respectivamente.

Parabéns a tod@s!


Achégase o enlace aos resultados conpletos e ao GPS en TracTrac.

Adxuntos