Xa se atopa actualizado o ranking de O-Pé final despois de que tiveran lugar todas as probas do calendario.
Achégase
 un pequeno programiña Java para poder comprobar as puntuacións de 
calquera participante desglosadas por probas. Para poder funcionar con 
el cómpre ter instalada unha versión moderna do entorno de execución da 
linguaxe Java (JRE ou JDK). Funciona en diferentes sistemas operativos 
(Windows, Linux, ...). Dependendo do tipo de instalación, nalgúns 
ordenadores bastará con facer dobre-click sobre o arquivo descargado 
"Corredor.jar". Se non funciona, o máis sinxelo é abrir a ventá de 
comandos do sistema operativo e escribir "java -jar Corredor.jar" desde a
 carpeta onde se atopa o programiña descargado. Achégase o mesmo 
programiña, pero en versión Android. Pódese descargar e instalar en todo
 tipo de dispositivos que leven o devandito sistema (smartphones, 
tablets, etc). O programa non precisa de acceso a Internet para 
funcionar despois de instalado.