Noticias

MÁIS DE VINTE DEPORTISTAS DA FEGADO COMPETIRON ESTA FIN DE SEMANA NO V TROFEO ARAGÓN DE ORIENTACIÓN

A Serra de Albarracín (Teruel) acolleu a pasada fin de semana o V Trofeo Aragón de Orientación, organizado polo Club Ibón e a Federación Aragonesa. O evento foi puntuable tanto para a Liga Española de Orientación a Pé e Sprint como para o ranking mundial (WRE).

A competición deu comezo coa distancia media celebrada o sábado 29, na que Olalla Bello (Club Gallaecia Raid) conseguiu a quinta posición na categoría feminino elite, mentres que Teresa Bellón (Club Aromon de Pontevedra) e Concepción González (Club Orientación Compás) foron campioa e subcampioa en F21A e F55, respectivamente. Pola tarde disputouse o sprint, onde Olalla Bello repetiu quinta posición en FE e Maikel Rodríguez (Club VigOrienta) tamén logrou un top ten en elite, sendo o oitavo español clasificado. Pola súa banda, Concepción González foi a segunda Española en F55.

O domingo 30 na distancia longa, os nosos corredores de elite Maikel Rodríguez e Olalla Bello, lograron entrar de novo no top ten, ambos cunha sétima posición a nivel nacional. O evento clausurouse o pasado luns con outra proba de distancia media, na que Olalla Bello rematou oitava en FE e Teresa Bellón recolleu a medalla de prata en F21A.

Coa suma dos resultados de todas as probas, Maikel Rodríguez e Olalla Bello conseguiron unha oitava e sétima posición, respectivamente, en elite; Concepción González foi subcampioa en F55 e Ángel A. Serto (Club Aromon de Pontevedra), Teresa Bellón e Fermina Fernández (Club Fluvial de Lugo), lograron o bronce en M40, F21A e F65.

Parabéns a tod@s!


A información sobre a proba está dispoñible na web do evento, mentres que os resultados completos pódense consultar aquí