A ESCOLA DEPORTIVA DE ORIENTACIÓN DO CLUB AROMON SÚMASE AO PROXECTO #LIBERATUPARQUE
Os pasados días 11 e 13 de maio, algúns/as dos/as integrantes da Escola Deportiva de Orientación do Club Aromon (Pontevedra), aproveitaron a realización de dous adestramentos de orientación nas áreas recreativas da Lagoa de Castiñeiras e da Serra do Galiñeiro para colaborar co proxecto #LiberaTuParque.
Esta campaña, da que forma parte a FEDO en relación co seu compromiso co #ProyectoLibera, busca a limpeza dos parques, lugares nos que se practica habitualmente o noso deporte.
En total, limpáronse 450 decímetros cúbicos de basuraleza, que foron depositados nos contedores correspondentes.
Dende a FEGADO animámosvos a participar nesta iniciativa e a contribuír ao coidado do medio ambiente!
Tedes máis información no documento adxunto e lembrade que podedes ver de novo o webinar do proxecto #LiberaTuParque.